힐포트

Castro de Casón

Viveiro · Lugo

O castro de Casón é un castro situado na parroquia de Viveiro, no concello lugués de Viveiro. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado dobre situado nunha meseta. Ten un complexo sistema defensivo. O recinto principal ten forma semielíptica, cun antecastro pola súa banda suroeste. Está pechado por dúas murallas, unha recta e outra de planta quebrada, que forman unha estreita entrada. Todo o conxunto deféndese cunha muralla de pedra seguida dun foso que a rodea polos lados norte e noroeste. A continuación hai outro foxo menor que protexe a entrada do antecastro. Paralelo ó foso atópase un parapeto polos lados norte e noroeste. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo === Ligazóns externas === Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처