성곽도시
Porta da Vila
Viveiro · Lugo

A Porta da Vila ou Porta do Cristo do Amparo (tamén do Santo Cristo) é unha das tres portas actualmente en pé da antiga muralla da vila de Viveiro (tiña seis portas e catro portelos), na provincia de Lugo. Data do século XIII e é a entrada principal á cidade pola antiga calzada romana. == Características == O muro é de fábrica de cantaría de granito cun van formado por un sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón. No interior hai unha campa de lousa coa seguinte inscrición: "Era M CC L V in tempo R AF", que se transcribe coma: "Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Afonso", referíndose a Afonso IX, rei de León e Galicia. Na súa parte posterior presenta unha fornela coa imaxe do século XVIII do Cristo do Amparo - que lle dá nome a esta entrada - e aos seus costados a Virxe a chorar e San Xoán, do século XVI. A porta sae na rúa Rosalía de Castro, unha das principais e máis nobre de Viveiro. A edificación está considerada dende o ano 1949 Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Viveiro Porta de Carlos V Porta do Valado
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
가는 길
휠체어 예
Chegar en bus
- Xardíns (conservatorio)a 159 mCovas (motel)-Viveiro E.A. · A Cabana (Vieiro)-Viveiro E.A. · Santa Mariña-Viveiro E.A. · Xove II-Xardíns (conservatorio) · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Valcarría (igrexa)-Viveiro E.A.
- VIVEIRO E.A.a 429 mAvd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A.
- VIVEIRO E.A.a 434 mViveiro E.A.-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-Covas (motel) · Covas (motel)-Viveiro E.A. · Muíño-Viveiro E.A. · A Cabana (Vieiro)-Viveiro E.A. · Muíño-Viveiro E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.