Cruceiro

Cruceiro da Burata

Rianxo · A Coruña

O cruceiro da Burata é un cruceiro localizado na aldea da Burata, na parroquia de Taragoña (Rianxo). == Descrición == Atópase sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos e pedestal cúbico rematado en chafráns e con paramentos recadrados. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns, e paramentos recadrados na base; representado con símbolos da Paixón: Martelo, Tenaces, Escada. O seu capitel é cuadrangular decorado con volutas, follas e querubíns; a súa cruz de sección octogonal con remates florenzados. O Cristo Crucificado coas mans abertas e coroa de espiñas. No reverso, atópase a Virxe Dolorosa sobre peaña de querubín, leva as mans con dedos entrelazados, nimbo de raios arredor da cabeza e espada cravada. A carón do cruceiro hai un peto de ánimas con representacións do purgatorio.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처