교회당
Igrexa da Santísima Trindade de Ourense
Ourense
사진: Zarateman · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Ourense의 종교 건축물, 해발 약 138 m, Camiño Xabrés에서 138 m.
A igrexa da Santísima Trindade de Ourense é un templo parroquial de estilo gótico, construído entre os séculos XII e XVI.
Descrición
Fundouse entre finais do século XII e comezos do XIII a carón do hospital de peregrinos, o hospital de San Roque, do que xa se ten noticias a comezos do século XII. Nos séculos XV e XVI leváronse a cabo as reformas que lle deron o aspecto actual, con dúas características torres cilíndricas na fachada principal que lle outorgan un aspecto de castelo; unha delas, a da esquina norte, sostén un corpo cadrado de campás. Foi entón cando se engadiron á cabeceira, que dá á rúa do padre Benito Feijoo, uns recios contrafortes e unha crestería con pináculos de estilo gótico-flamíxero que percorre a cornixa. Ao desaparecido hospital pertence a porta do adro exterior, trasladado aquí desde a súa localización orixinal na Alameda, onde na actualidade se atopa o edificio de Correos. Obra renacentista do século XVI, consiste nun arco de medio punto enmarcado por dúas columnas acanaladas e con dous medallóns representando aos médicos Hipócrates e Galeno. Posúe tímpano triangular, cun fornelo acollendo a imaxe pétrea de San Roque, nos extremos dúas figuras fantásticas en representación do mal, e no vértice, un anxo. Na parte posterior da porta hai unha pequena escultura da Piedade. O adro dá acceso ao recinto da igrexa, onde se ergue un cruceiro plateresco con imaxes de Cristo e a Piedade. O templo ten dúas portadas de ingreso. A da fachada principal (occidental) presenta tripla arquivolta de arcos apuntados arrancada de columnas de fuste liso e capiteis de variada decoración que apean sobre unha base. O intradorso do arco inferior ten saíntes picudos, mentres que a clave superior e os salmeres están decorados cuns rostros de ruda talla, moi erosionados. A portada do lado do Evanxeio (norte) é menos abucinada, carece tamén de tímpano e presenta tres arquivoltas tardorrománicas decoradas con flores de catro pétalos, bolas, molduras baquetonadas e, o arco máis exterior, picos de serra. Baixo a arcada figura un único par de columnas de fuste liso. No interior, de planta basilical, ou de nave única sen cruceiro, destaca a Capela Maior, cuberta con bóveda de crucería con profusión de nervios e claves, e presidida por un retablo do século XVI. Outros dous retablos laterais de estilo barroco, unha pía de auga bendita xeminada e algunhas pezas de imaxinería completan o mobiliario do templo.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성당
양식 Arquitectura gótica
봉헌 대상 Santa Trindade
지점 고도 ≈ 138 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Ourense, 1.2 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Xabrés, 138 m 거리
지자체 인구 105,609 (2025) · IGE
버스로 가기
- Xardín Do Posío148 m 거리As Lagoas-A Valenzá 1 · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén · Piñeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico (recinto interior)
- Xardín do Posío156 m 거리As Lagoas-A Valenzá 1 · PIÑEIRO-OURENSE E.I. · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-A Valenzá 1 (centro médico) · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén
- SAN FRANCISCO E.F.235 m 거리Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.