교회당
Igrexa de San Martiño de Andrade
Andrade · Pontedeume · A Coruña
사진: Xosé Antonio · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Andrade, Pontedeume의 종교 건축물, 해발 약 164 m, Camiño Inglés에서 1.7 km.
A igrexa de San Martiño de Andrade é un templo barroco do século XVIII dunha soa nave situado no lugar da Pía, na parroquia eumesa de Andrade. Foi edificada sobre outra anterior románica do século XII da que conserva a ábsida semicircular e parte do muro norte.
Ábsida
A ábsida está dividida en tres tramos por dous contrafortes. En cada tramo ábrense ventás da mesma traza cas da ábsida da igrexa de San Xoán de Vilanova e dimensións case idénticas. Posúe trece canzorros de temática xeométrica, zoomorfa e antropomorfa. O comezo da ábsida desde o muro sur, e parte deste, áchanse ocultos pola sancristía, engadida posteriormente como un anexo á igrexa. A parte interior da ábsida, oculta á vista polo retablo do altar maior, está recuberta con cal, froito de sucesivos branqueos. Malia iso, obsérvanse restos de decoración en dentes de serra de cor carmesí.
Muro norte
A parte do muro máis próxima á ábsida é o da primitiva igrexa románica que tiña unha porta de arco de medio punto, hoxe tapiada. O límite da parte románica do muro apréciase claramente no interior por reducirse considerabelmente o seu grosor ao pasar á parte que non é románica.
Fachada
Na fachada barroca aprécianse en sentido ascendente seguindo o eixo vertical: unha porta rectangular con decoración en orelleiras, unha pequena fornela rematada en arco de medio punto, unha ventá rectangular e, sobre unha base rectangular, unha espadana de dous ocos rematada en pináculos con bóla. No ano 1943 a fachada foi trasladada 9 metros por mor dunhas obras de restauración e ampliación da igrexa que supuxeron un aumento da súa longura na cantidade indicada.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성당
봉헌 대상 Martiño de Tours
지점 고도 ≈ 164 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Pontedeume, 2.8 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 1.7 km 거리
지자체 인구 7,428 (2025) · IGE
버스로 가기
- OS LOUREIROS573 m 거리Centro salud Pontedeume-Doroña · CENTRO SALUD PONTEDEUME-DOROÑA
- OS LOUREIROS574 m 거리Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello)
- CEIP Plurilingüe de Andrade625 m 거리Centro salud Pontedeume - Vilachá · Centro salud Pontedeume - Vilachá · Centro salud Pontedeume-Doroña · CENTRO SALUD PONTEDEUME-DOROÑA
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.