갈리시아 영주 저택
Pazo da Trabe
Galdo · Viveiro · Lugo
사진: Estagierita · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Galdo, Viveiro의 장원 저택, 해발 약 37 m, Viveiro에서 3.6 km.
Para o lugar coristanqués, véxase O Pazo da Trabe. O pazo da Trabe é unha casa señorial galega situada no lugar da Trabe, na parroquia de Galdo, no concello de Viveiro. Na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.
Orixes
Non se ten documentación do pazo até o século XVI. En 1435 no paso dos Cabaleiros reuníronse o bispo de Mondoñedo, o deán catedralicio e dous procuradores para discutir o litixio que mantiñan nobreza e igrexa sobre a parroquia de Galdo e os foros da renda. Logo de varias disputas e litixios, Galdo perdeu o estatuto de concello, pasando a pertencer a Viveiro. O bispado cedeu o couto de Galdo a Alonso Pérez de Viveiro por 5.000 marabedís. Anos máis tarde a propiedade pasou a mans do meiriño do couto, o vizconde de Altamira, Xoán de Pita Pumariño, e posteriormente herdouno seu fillo, Fernando Pumariño, rexedor de Viveiro e casado con Catalina de Miranda, irmá do arcebispo de Sevilla e fundador da Universidade de Oviedo, Fernando de Valdés y Salas. O pazo pasou a mans da filla do matrimonio, María de las Alas Pumariño, casada co corrixidor da Coruña. En 1607 mercouno por 1.000 ducados Antonio da Ponte e Prada, que o deixou a seu fillo Teodoro. A mediados do século XIX pasou a mans de Juan Gabriel da Ponte. A súa filla Luisa vendeuno en 1881 a Bartolomé Basanta Miranda, alcalde de Viveiro e senador do Partido Conservador. En 1885 herdou o pazo o seu xenro, Ramón Rebellón Zubiri, que representou nas Cortes a Viveiro durante catro lexislaturas no partido de Cánovas del Castillo, conseguindo para Viveiro o título de cidade. Seus fillos herdaron o pazo pero non o habitaron, o que desmellorou a súa conservación até a súa venda en 1993.
Actualidade
O pazo da Trabe foi reconstruído e renovado respectando as orixes, con materiais autóctonos e con técnicas artesás que recollen as tradicións ceramistas da zona, lideradas pola achegada fábrica de Sargadelos.
Outros artigos
Pazos de Galicia.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 갈리시아 영주 저택
층수 3
지점 고도 ≈ 37 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Viveiro, 3.6 km 거리
지자체 인구 15,091 (2025) · IGE
버스로 가기
- CEIP Santa Rita64 m 거리Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · CEIP Santa Rita-As Quintás (enlace) · Viveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-ABUÍN
- Galdo (igrexa)241 m 거리Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-A Rúa Nova · Galdo (igrexa)-Valcarría (igrexa) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I)
- San Martiño (matadoiro)448 m 거리Viveiro E.A.-A Viga (enlace I) · Viveiro E.A.-A Viga (enlace I)
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
