Pazo
Pazo de García Flórez
Pontevedra · 1800

O Pazo de García Flórez é un pazo barroco do século XVIII situado entre a rúa Sarmiento e a Praza da Leña da cidade de Pontevedra, en pleno casco antigo. == Historia == A finais do século XVIII, Antonio García Estévez Fariña e a súa esposa Tomasa Suárez Flórez encargaron a construción deste pazo, que se agregou a outro máis pequeno e antigo. Un século despois, entre 1881 e 1930, o pazo converteuse na sede da Escola Normal Feminina de Pontevedra. Na década de 1930, o pazo albergaba a Escola Graduada para nenos na primeira planta, mentres que a segunda utilizábase como vivenda do director da escola. Estes dous andares foron alugados posteriormente ao Concello de Pontevedra. Na década de 1940, o interior do pazo foi completamente remodelado polo arquitecto Robustiano Fernández Cochón para albergar o Museo de Pontevedra. Conservouse o seu exterior barroco, construíuse un arco e unha ponte de pedra para conectalo co pazo de Castro Monteagudo e colocáronse dúas estatuas de pedra da Fortaleza e a Esperanza nas esquinas do tellado. O 15 de agosto de 1943 inaugurouse o Pazo García Flórez como sede do Museo de Pontevedra. As salas do museo abríronse ao público o 4 de setembro de 1946, excepto a reconstrución do camarote de oficiais da fragata Numancia, que se inaugurou o 7 de setembro de 1946. == Descrición == No exterior, a fachada principal na rúa Sarmiento ten un pórtico con tres arcos sobre grandes columnas. No primeiro andar hai tres portas, rodeadas na súa parte inferior por volutas, e no segundo dúas portas con balcóns que se estenden cara ás fachadas adxacentes, entre as que se atopa un grande escudo de pedra coroado por un gran helmo, orixinalmente dourado e policromado, rodeado por cinco medallóns. No interior do escudo están representadas as liñaxes dos Estévez, Suárez, Fariña e Flórez. Nas esquinas da parte superior da fachada hai dúas gárgolas. Na fachada sur hai unha porta na planta baixa e un gran balcón ao longo da fachada no primeiro piso. Na fachada este hai unha sucesión de xanelas e portas no piso superior e dúas portas no primeiro andar, unha delas con balcón. A fachada da rúa Pasantería ten diferentes xanelas distribuídas ao longo da fachada segundo as escaleiras do interior. O pazo ten 778 metros cadrados de superficie construída. No seu interior, hai salas dedicadas ás artes decorativas, a escultura e as artes populares. Entre as pezas expostas hai obxectos de acibeche, gravados, esculturas relixiosas, louza de Sargadelos, cristal de La Granja, o despacho do almirante Méndez Núñez, unha réplica do camarote da fragata Numancia e unha lareira tradicional galega. Tras a súa reforma aprobada en 2022 os espazos interiores serán diáfanos e libres de obstáculos, quedando só as paredes mestras orixinais que lle darán un aspecto unificado. O pazo terá tamén unha ancha conexión subterránea co pazo de Castro Monteagudo. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 55-56. ISBN 978-8403509344. Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 308-309. ISBN 978-84-8457-327-2. Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 61-62. ISBN 9788482890852. === Outros artigos === Museo de Pontevedra Rúa Sarmiento Pazo de Mugartegui === Ligazóns externas === Edificio García Flórez (Museo de Pontevedra) Na web Galiza Máxica Edificio García Flórez Arquivado 29 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na web Turismo Rias Baixas Turismo
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 168 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 186 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Ponte de Santiagoa 222 mFontáns-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A. · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.