갈리시아 영주 저택
Pazo dos Condes de Maceda
Pontevedra · 1600
사진: Paradores · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pontevedra의 장원 저택, 해발 약 13 m, Caminho Português de Santiago에서 92 m.
O Pazo dos Condes de Maceda, ou Casa do Barón en Pontevedra, é un pazo de orixe renacentista que data do século XVI. Actualmente é un hotel de catro estrelas pertencente á rede de Paradores.
Localización
Está situado na rúa Barón, no corazón do casco antigo de Pontevedra, preto da ponte medieval do Burgo.
Historia
A construción ten a súa orixe nunha vila romana. No século XVI, o edificio transformouse nun pazo renacentista. No século XVIII, o pazo foi reformado por completo por Pedro de Monteagudo e pasou a ser propiedade dos ilustres condes de Maceda. Máis tarde, a propiedade pasou a mans do marqués de Figueroa e Atalaia (tamén conde de Maceda) que o encheu de antigüidades. No século XIX, o pazo entrou en decadencia e as súas habitacións deshabitadas utilizáronse como almacén de sal mariño e escola para nenos pobres. Dise mesmo que o edificio se converteu nunha loxa masónica. Máis tarde, transformouse nun lugar onde vivían decenas de familias. O barón de Casa Goda, Eduardo de Vera e Navarro, puxo fin a esta decadencia, recuperando as súas posesións e restaurando gran parte do seu antigo esplendor. Por iso é polo que o Parador de Turismo de Pontevedra chámase Casa do Barón. No século XX, o primeiro andar do pazo converteuse na sede da Escola Graduada Álvarez Limeses e o segundo andar utilizouse como vivenda, sendo a residencia familiar dos directores desta escola ata 1950, cando o Concello de Pontevedra pasou a ser o propietario. O edificio foi rehabilitado como hotel de luxo xestionado polo Estado español, converténdose o 15 de xaneiro de 1955 no primeiro Parador Nacional de Turismo de Galicia. En 1974 realizouse a primeira ampliación do hotel e en 2002 levouse a cabo unha importante mellora por valor de 2,34 millóns de euros.
Descrición
O pazo destaca polas súas impoñentes dimensións e a súa ornamentación señorial. No exterior, hai un pórtico neoclásico na entrada do edificio. A fachada do edificio, cuberta cun friso de formas ovaladas, está decorada con escudos de armas e rematada por unha columnata de catro columnas de granito. O pazo ten unha torre con ameas engadida no século XVIII e unha gran solaina de pedra. Tamén ten un patio (orixinalmente deseñado para os cabalos) e un xardín. No interior, hai unha grande escaleira de pedra, unha lareira de pedra e outros elementos barrocos. Hai numerosos salóns. O edificio está decorado con antigüidades, tapices, cadros antigos e mobiliario clásico e real.
Hotel
O palacio é agora o Parador de Pontevedra, un hotel de luxo de 47 habitacións. É un dos catro paradores máis populares de Galicia. En 2019, a súa ocupación media anual foi do 72,75%, só por detrás do parador de Santiago de Compostela, o Hospital dos Reis Católicos. O rei Filipe VI adoitaba pernoitar aquí durante a súa estancia na Escola Naval Militar.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Hotel · 갈리시아 영주 저택
양식 Arquitectura barroca · Arquitectura renacentista
현재 용도 Parador de turismo
지붕 기와
벽 돌
면적 4.532 m²
개관 1955
관리 주체 Parador de Turismo
다른 이름 Casa do Barón
지점 고도 ≈ 13 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Pontevedra, 347 m 거리
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 92 m 거리
지자체 인구 83,339 (2025) · IGE
가는 길
주소 Calle del Barón, 19
버스로 가기
- Ponte do Burgo (praza de abastos)126 m 거리PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Avda. de Uruguay147 m 거리A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
- Avda. de Uruguay211 m 거리Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.