Pazo

A Casa da Fonte

Ferreira de Pantón · Pantón · Lugo

A Casa da Fonte, pazo en Pantón

Foto: Lucas Gigon Vázquez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Casa da Fonte é unha construción civil situada na parroquia de Ferreira de Pantón, próximo ó lugar da Vila do Mato a medio camiño entre Basillao e a igrexa parroquial.

Arquitectura

A casa posúe unha planta en forma de escuadro. Polo exterior, na contra da fachada norte ten unha porta e fiestras no piso. Na fachada do leste ten unha porta nos baixos, e arriba máis fiestras, unha delas con montante. A á oeste, está adicada ás dependencias do gando e ós servizos agrícolas. O ángulo da escuadra é ocupado por un patio, que serve de acceso a unha especie de solaina por medio dunha escalinata que dá acceso á planta principal. Pecha o patio un portón cun arco de granito. Na casa atópase un pombal con forma de torre, de forma cadrada, cunha fiestra a media altura e con porteliñas para a saída das pombas. A adega da casa da Fonte atópase na entrada do camiño que leva á casa. Foi construída no ano 1756, como reza unha inscrición da porta. É unha adega que tivo moita importancia na contorna, e nela traballaban xentes da aldea próxima de Basillao. Seguiu traballando até mediados do século XX. Diante dela tiña dous castiñeiros centenarios, que daban moitas castañas que as xentes da casa e de Basillao consumían, e tras a adega tiña dúas sobreiras para facelas cortizas. Ademais ó carón da adega había unha corte para o gando.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 407 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Castro de Ferreira, a 778 m

No concello viven 2.351 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar