Dolmen

A Casa dos Mouros

Candeán · Vigo · Pontevedra

A Casa dos Mouros, dolmen en Vigo

Foto: Lansbricae · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O dolmen da Casa dos Mouros é un monumento megalítico situado no monte da Madroa, en Candeán, no concello de Vigo, moi próximo aos campos de adestramento do R.C. Celta e moi preto tamén de VigoNature. Construíuse entre fins do V milenio a.C. e o fin do III milenio a.C. Son restos do neolítico, ligados á cultura megalítica que se desenvolveu en Galicia tres ou catro milenios antes do ano 0. Este dolmen catalógase como un dos mellor conservados e de maiores dimensións. É o monumento megalítico máis grande da zona e ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

Descrición

O topónimo A Casa dos Mouros provén dun ser mitolóxico galego (o mouro), cuxa existencia está case sempre ligada aos dolmens e mámoas e a outros lugares históricos e lendarios de toda Galicia. O dolmen está composto por cinco ortostatos (lousas verticais) que forman as paredes do monumento e a cuberta, que se atopa apoiada sobre unha das lousas. Estas pedras forman o polígono, pesan toneladas e chegan a roldar os 2 metros de altura. A cámara mide arredor de tres metros de longo por dous de ancho.

Historia

Son os restos descubertos dunha tumba dun enterramento neolítico, xa que no seu orixe e no pasado, as pedras estaban cubertas por un pequeno montículo de terra, que é o que recibe o nome galego de “mámoa”. Aínda así, a voracidade dos buscadores de tesouros que chegaban ao lugar guiados polas historias e lendas que contaban a aparición de grandes riquezas, propiciou que as mámoas foran “profanadas” e saqueadas, levando consigo o pouco que atopaban de valor e esnaquizando as posíbeis evidencias de enterramento que puideran chegar ata os nosos días. Ademais, todos estes descubrimentos dan boa conta da ocupación humana destas zonas dende épocas remotas. En setembro de 1990 o Concello de Vigo tivo que mercarlle a un particular a leira onde se sitúa o dolmen, dado que este pretendía construír unha casa nas inmediacións e na que ademais, existen outros monumentos megalíticos como túmulos que no pasado sufriron diversos ataques de vándalos. Despois de tantos anos en mans do concello, o lugar non se atopa debidamente acondicionado, a pesar de que é unha das maiores xoias históricas do municipio de Vigo. En 2016 sufriu un acto de vandalismo, e foi restaurado pouco despois.

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Estilo Megalitismo de Galicia

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 324 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Fonte Escura, a 1,3 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 810 m

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar