Fonte e lavadoiro
A Porta do Atlántico
Vigo · Pontevedra · 51 m · 1991
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Porta do Atlántico é un monumento obra do artista ponteareán Silverio Rivas de 1990 situado na Praza de América, no barrio das Travesas da cidade de Vigo.
Características
Componse de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de granito rosa do Porriño. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha canteira do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é unha gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, López Mora e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona da auga nun circuíto pechado. Arrodéase de dous socalcos de paralelepípedos de granito rosa. A comezos do século XXI instaláronse na fonte algúns grupos de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas xambas e un gran lintel. Das xambas, cara ao van, penduran dúas pezas que representarían Europa e as Américas. A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao. Anteriormente no centro da praza só había un farol con varios brazos. A instalación da obra levouse a cabo en 1990, cando se construíu o paso inferior para liberar o tráfico das Travesas. No mes de maio do ano 2019 realizáronse diversas modificacións. A superficie da fonte substituíuse en parte por unha zona peonil con pequenas fontes a arboriñas (oliveiras e pradairos). Ás noites proxectarase un espectáculo de luces de diferentes cores e son.
Significado
Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara ás Américas nos buques durante os século XIX e XX, por iso a mesma cidade é denominada a porta do Atlántico. Hoxe é un dos monumentos máis coñecidos da cidade. É un bo exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade tallado directamente en granito.
Celebracións do Celta e outros eventos
Na praza de América celébranse importantes actos. O encoro da Porta do Atlántico é a fonte escollida pola afección do Real Club Celta de Vigo para celebrar as vitorias do seu equipo, e na mesma praza instálase unha gran verbena ao ar libre na Noitevella.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Escultura
Autoría Silverio Rivas
Paredes Granito · Rosa Porriño
Altura 13,85 m
Altitude 51 m
Vila máis próxima Pereiró, a 1,2 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 564 m
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Praza de América 3a 54 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X) · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza As Travesasa 81 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
- Povisaa 671 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Gondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Oia-Baiona-Nigrán-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.