Sociedade e asociación cultural

Acéfala

A Coruña · 2020

Acéfala, sociedade e asociación cultural en A Coruña

Acéfala é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que xestiona o centro social autoxestionado de mesmo nome localizado no barrio de Montealto, A Coruña.

Historia

Acéfala comezou a xestarse meses antes da pandemia da COVID-2019, co obxectivo principal de continuar o traballo cultural feito na Nave 1839 e amplialo en función das achegas e inquedanzas dos membros da asociación. O seu primeiro evento aberto ao público xeral data do 4 de xullo de 2020, onde organizan a primeira sesión de portas abertas para dar a coñecer o espazo. Dende esa data veñen a organizar eventos de carácter diverso como obradoiros (produción musical, serigrafía, construción de instrumentos electrónicos, costura/upcycling, cianotipia, collage, fotografía, danza, cultura drag...), exposicións, concertos e xornadas varias así como clubs regulares coma o club de debuxo ao natural, club de lectura, e o club do disco. Tamén participaron nas xornadas Estudos Abertos organizadas polo Concello da Coruña nos anos 2024 e 2025, colaboraron con organizacións da cidade coma SOS Racismo Galicia e Foi Polo Vento na organización de varias xornadas antirracistas e ecoloxistas así coma na organización de eventos en defensa do Liceo Mutante de Pontevedra, asoación afín coa que tamén colaboraron na organización das xornadas de música experimental Runrún.

Descrición

Acéfala ten a figura xurídica de asociación cultural sen ánimo de lucro amparada pola Lei organica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, coa denominación "Asociación sen ánimo de lucro Acéfala". Nos seus estatutos establecen que todas as decisións se toman de xeito asembleario, onde cada socio membro da asociación ten dereito a voto. A asociación distingue entre socios membros, que participan activamente nas asembleas xerais, convocadas con carácter mensual. socios visitantes, que participan de xeito esporádico en eventos da asociación. socios xuvenís. Os fins principais da asociación, de acordo cos seus estatutos, son: Promover e difundir a creación artística, cultural, técnica e filosófica en tódalas súas formas Fomentar o pensamento crítico e a liberdade, o apoio mutuo e a autonomía dos individuos Difusión do coñecemento e da información libres Crearen unha comunidade de interacción libre de discriminación As actividades que podería organizar a asociación para cumprir os fins previos son, de acordo cos seus estatutos: Obradoiros Encontros de expresión e creación artística, cultural, técnica e filosófica en tódalas súas formas Conferencias e debates Estudio de creación e investigación aberto Eventos de desfrute e recreo comunitarios Segundo os estatutos da asociacón, os beneficios obtidos da organización de actividades destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins de asociación, sen que se poidan repartir entre os asociados ou outras persoas físicas ou xurídicas con fins lucrativos. Actualmente a asociación conta con máis de 3000 socias e máis de 300 eventos organizados.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Asociación cultural

Altitude do punto ≈ 46 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 984 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 852 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar