Acueduto
Acueduto do Paseo das Pontes
A Coruña
.jpg?width=640)
O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma". == Historia == A viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis. O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo. A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina. O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto. == Descrición == O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude, mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área, que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque. Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro). == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Revisión del plan general de ordenación municipal (PDF). Concello da Coruña. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2015. === Outros artigos === Augas da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Rúa Gregorio Hernández 2a 441 mA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Ronda De Nellea 442 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Avda. Finisterrea 677 mCORUÑA E.A.-ARTEIXO · Coruña E.A.-Polígono de Sabón (Mercadona) · CORUÑA E.A.-MEICENDE-POLÍGONO DE SABÓN-CARBALLO E.A. · CORUÑA E.A.-PORTO DE SUEVOS · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.