Balneario
Balneario da Toxa
O Grove

Foto: Joaquín Pintos · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O Gran Hotel da Toxa é un hotel-balneario situado na illa da Toxa, no concello do Grove. Foi inaugurado en 1907 e reformado en 1945. É un hotel de luxo.
Historia
Os pescadores locais da ría de Arousa decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas calidades. Emilia Pardo Bazán, en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un burro con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840. O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios desa época como o de Marienbad en Alemaña (hoxe na República Checa). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías. A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid. En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.
Outros artigos
Balnearios de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Hotel
Altitude do punto ≈ 3 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Grove, a 2,2 km
No concello viven 10.877 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Toxa (Centro comercial)a 414 mA Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés
- A Toxa (Ponte)a 1,1 kmO Grove E.A.-O Grove E.A. (por San Vicente do Mar e San Vicente do Grove) · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.