Praia

Praia da Lanzada

San Vicente do Grove · O Grove · Pontevedra

Praia da Lanzada, praia en O Grove

Foto: Harpagornis · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove. É unha praia aberta con máis de 2.700 m de lonxitude, sendo a sétima máis longa de toda Galicia. Tivo concedida a Bandeira Azul pero, en 2017, o concello do Grove renunciou ás bandeiras azuis en todo o seu termo, manténdose o galardón para o tramo de Sanxenxo. Dispón de multitude de servizos. Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca

Lonxitude 2,4 km

Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Grove, a 5,3 km

No concello viven 10.877 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar