Monumento

Barco Bernardo Alfageme

Vigo · Pontevedra

Barco Bernardo Alfageme

O Bernardo Alfageme é un barco arrastreiro galego que foi construído no estaleiro Hijos de J. Barreras de Vigo no ano 1944. O barco foi bautizado co nome Bernardo Alfageme en honra ao fundador da empresa conserveira Miau. == Historia == === Servizo === Durante os seus primeiros anos de funcionamento o barco faenou nos caladoiros do Gran Sol, e durante os seus derradeiros anos de servizo fíxoo nos caladoiros do sur de Portugal. En 1988 foi dado de baixa e doado ao concello de Vigo, levado polo seu patrón de toda a vida, Carmelo Gutiérrez Luis. No ano 2000 os grupos políticos municipais do pleno do concello de Vigo votaron incorporar o Bernardo Alfageme ao patrimonio marítimo da cidade. === No presente === Por mor do estado de semi-abandono no que se atopaba o barco durante a súa estancia na dársena de Bouzas, o Concello de Vigo no ano 2014 iniciou os traballos de restauración do barco no estaleiro vigués de Francisco Cardama. Foi instalado nunha rotonda da avenida de Castelao do barrio vigués de Coia no ano 2015, lugar no que se atopa e se pode visitar. === Interese cultural === O Bernardo Alfageme é o último barco de pesca de altura construído integramente en aceiro remachado da primeira metade do século XX que se conserva en España. == Véxase tamén == Bandeira de Vigo Escudo de Vigo Dinoseto O Sereo Oliveira de Vigo Porta do Atlántico == Referencias == == Ligazóns externas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar