Praza e alameda
Bosque de sequoias de Poio
Poio · Pontevedra · 1992
Foto: Mixigodo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa. O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen. Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Xardín
Altitude do punto ≈ 437 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Combarro, a 3,1 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 1,6 km
No concello viven 17.426 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Mosteiro de Santa María da ArmenteiraMosteiro
Convento de San Xoán de PoioMosteiro
Área arqueolóxica da CaeiraPetróglifo
Monte CastroveMonte e serra
Baldaquino de San Salvador de MeisCruceiro con baldaquino
Parque forestal da TombaEspazo protexido
Armadiña RockFestival
Biblioteca del Monasterio de San Juan de PoioMosteiro