Mosteiro

Mosteiro de Santa María da Armenteira

Meis · Pontevedra · 1162

Mosteiro de Santa María da Armenteira

O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. Sitúase na parroquia de Santa María da Armenteira, no concello pontevedrés de Meis. O seu estilo arquitectónico responde aos preceptos do Plano Bernardino baseado na austeridade formal e o rigor funcional. Desamortizado en 1836, foi abandonado ata finais do século XX, cando acolleu a unha comunidade de monxas da Orde Cisterciense da Estrita Observancia. == Historia == === Fundación === A lenda conta que foi fundado por Santo Ero. Risco recóllea así : Castelao utilizou este motivo para o ex libris que debuxou para Xosé Filgueira Valverde. Segundo a obra Relación escrita del Convento de Armenteira, escrita por frei Basilio Duarte no século XVII, a primeira referencia documental é a doazón do lugar de Gondes no 1149 feita por Diego Ovéquiz ao abade Ero. Mais outras fontes, como a propia documentación do Císter sinalan que foi no 1162 cando se incorpou á obediencia cisterciense, aínda que puido ser fundado como beneditino en 1151. O patrimonio monástico conformouse nos séculos medievais grazas compras e ás doazóns nobiliarias e reais. Entre estas últimas destaca a do ano 1175, do rei Fernando II de Galicia quen lle outorgou a décima parte das rendas de Pontevedra. Tamén recibiu donativos de Afonso IX e Sancho IV. O seu dominio estivo concentrado na península do Salnés. Con todo, a situación da comunidade medieval foi de pobreza, segundo as fontes coetáneas. Detrás disto estaba a presión nobiliaria para quedar coas propiedades do mosteiro. Deste xeito, no século XV, o papado interveu para favorecer o mosteiro: no ano 1439, Uxío IV asinou unha bula que obrigraba á devolución as propiedades usurpadas, e no 1462, Pío II, exime ao mosteiro de pagar tributos ao Arcebispado de Santiago de Compostela. === Idade Moderna === No ano 1427, en Santa María de Sión, na periferia de Toledo, frei Martín de Vargas fundou a Congregación Cisterciense Reformada, tamén coñecida como Congregación de Castela ou, popularmente, Orde dos bernardos. A chegada ao trono de Sabela de Castela supuxo un pulo para a incorporación progresiva dos mosteiros galegos do Císter a esta congregación, aínda que a da Armenteira foi tardía, no 1525, sendo rei Carlos V. Logo da incorporación a esta congregación o mosteiro coñeceu un período de renovada prosperidade que levou á edificiación dun novo claustro. No Antigo Réxime o dominio monástico de Santa María da Armenteira incorporaba as seguintes parroquias: Na arquidiocese e provincia de Santiago de Compostela: Santa Ana da Barcia do Seixo Santa María de Perdecanai San Martiño de Agudelo Santa María de Curro Santa María de Caldas de Reis Santa Cruz de Castrelo Santa María de Troáns Santa Eulalia de Xil Santa María de Covas Santa María da Armenteira San Martiño de Meis San Salvador de Meis San Vicente de Nogueira Santa María de Paradela San Gregorio de Raxó San Vicente do Grove San Pedro de Lantaño San Xián de Romai San Cristovo de Briallos San Clemenzo de Sisán Santo André de Barrantes San Xoán de Leiro Santa Baia de Ribadumia Santa María de Besomaño San Amaro de Arra San Xenxo de Padriñán San Xoán de Dorrón San Pedro de Bordóns San Miguel de Valga Santo Estevo de Tremoedo Na diocese e provincia de Tui: San Xoán de Cabeiro San Vicente de Trasmañó === Idade Contemporánea === A principios do século XIX había 26 monxes no mosteiro e a comunidade cisterciense mantívose ata que foi exclaustrado en 1837 no marco da Desamortización de Mendizábal. Logo de máis dun século de abandono, na década de 1960, Carlos del Valle-Inclán, fillo do escritor Ramón del Valle-Inclán, promoveu a asociación "Amigos de Armenteira" que comezou a reconstrución. En 1989, instaláronse nel monxas trapistas procedentes do Mosteiro de Allotz (Navarra). En 2020 contaba con nove relixiosas. Ademais da contemplación, manteñen unha hospedaxe e elaboran produtos de cosmética natural.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar