Espazo protexido

Brañas de Xestoso

Olives · A Estrada · Pontevedra · 2004

Brañas de Xestoso, espazo protexido en A Estrada

Foto: Martinho12. · GFDL · Wikimedia Commons ↗

As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) situado nos concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada, entre os ríos Ulla, Deza e Umia. O espazo acolle a lagoa Sacra de Olives e o Monte San Sebastián.

Flora e fauna

Flora

As brañas de Xestoso comprenden diversos ecosistemas. Nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nas herbeiras dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, mentres que nas zonas de transición cara aos prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.

Fauna

Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporrubio, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Zona de especial conservación · Zonas de especial protección dos valores naturais

Extensión 1.082 m²

Altitude do punto ≈ 607 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Estrada, a 10 km

No concello viven 20.101 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar