Lago, lagoa e encoro

Lagoa Sacra de Olives

Meavía · Forcarei · Pontevedra

Lagoa Sacra de Olives, lago, lagoa e encoro en Forcarei

Foto: Martinho12. · GFDL · Wikimedia Commons ↗

A lagoa Sacra de Olives é unha lagoa galega situada entre os concellos pontevedreses de Forcarei, A Estrada e Silleda. Atópase a 700 metros de altitude, ten 1,3 hectáreas de superficie e ao seu arredor quedan vestixios da existencia dunha muralla, aínda que na actualidade estes restos atópanse moi deteriorados. Forma parte da zona especial de conservación das Brañas de Xestoso.

Descrición

En canto á vexetación, é unha zona extensa de monte baixo e prados húmidos con interesantes brañas. A fauna existente componse dunha variada representación de anfibios, réptiles e aves, ademais de mamíferos coma raposos e lobos. Na comarca existen antigas lendas que fan relación ao nome da lagoa, que proviría dunha batalla na que houbo tantos mortos que os botaron á lagoa amurallándoa deseguido para que non fosen profanados, inda que a realidade pode ser ben máis prosaica e o nome provir do próximo santuario de Santa María de Meda de Olives. Desde hai 20 anos, habitualmente a lagoa seca durante o verán, pero en tempos tiña auga durante todo o ano. [Cómpre referencia] Forma parte das Brañas de Xestoso, espazo protexido dentro da Rede Natura 2000.

Galería de imaxes

Outros artigos

Brañas de Xestoso Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Lagoa artificial

Leva o nome de Olives

Altitude do punto ≈ 666 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 9 km

No concello viven 3.065 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar