Praza e alameda
Campo da Compañía
Monforte de Lemos · Lugo
Foto: Iagocasabiell · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
O Campo da Compañía é a praza máis importante da vila de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
Características
A cara oeste da praza está presidida pola fachada principal do Colexio da Nosa Señora da Antiga, que alberga actualmente o Colexio dos Escolapios e foi fundado polo cardeal Rodrigo de Castro. A praza adquiriu o nome da Compañía pola Compañía de Xesús, á que o cardeal encomendou esta fundación. A praza está formada por unha grande explanada de pedra, zonas verdes e árbores, un parque infantil e unha pista polideportiva. Está delimitada pola rúa Escultor Francisco Moure ao nordés e polo Paseo de Lugo ao sur, e á praza chegan as rúas Cardeal Rodrigo de Castro, Historiador Dalmiro de la Válgoma, Reboredo, Duquesa de Alba, Carude e Acea Nova.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Praza
Altitude do punto ≈ 293 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Monforte de Lemos, a 862 m
Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 459 m
No concello viven 18.989 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Monforte de Lemos (bar Fión)a 148 mIES Río Cabe-Distriz · IES Río Cabe-Distriz
- COMPAÑÍA (DÁRSENA)a 193 mIES Río Cabe-Guntín · IES Río Cabe-Guntín
- REBOREDO 21a 244 mCEIP de Monforte de Lemos-A Meda · CEIP de Monforte de Lemos-A Meda · CEIP de Monforte de Lemos-A Meda · IES Río Cabe-A Meda
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Mosteiro de San Vicente do PinoMosteiro
Castelo de Monforte de LemosCastelo
Colexio da Nosa Señora da AntigaMuseo
Museo do Ferrocarril de GaliciaMuseo
Estación de Monforte de LemosEstación de tren e apeadoiro
Aeródromo das LamasAeroporto
Ponte Vella de Monforte de LemosPonte histórica
Estadio da PinguelaEstadio