Castelo
Castelo de Monforte de Lemos
Monforte de Lemos · Lugo
.jpg?width=640)
O Castelo de Monforte de Lemos é un castelo situado no Monte de San Vicente, na cidade de Monforte de Lemos. As murallas, datadas entre os séculos XIII e XV, defendían a cidade. A muralla contaba cunha serie de torres defensivas e varias portas, das que tan só se conservan dúas, a Porta da Alcazaba ou da Pescadería (a máis antiga, datada no século XIII), e a Porta Nova (século XV). O castelo sufriu importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), logo da cal foi reconstruída. A estrutura mellor conservada da fortaleza é a torre da homenaxe, unha estrutura de 30 m de altura, 13 m de lado, e muros de 3 m de grosor. Nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, nas que se unía ao señor co seu vasalo, o que convertía a esta edificación no lugar máis importante do castelo. Na actualidade a torre da homenaxe encóntrase restaurada tanto no seu exterior como no interior, que é un museo. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Mosteiro de San Vicente do Pino Pazo dos Condes de Lemos Condado de Lemos === Ligazóns externas === "FORTALEZA DE MONFORTE, TORRE DA HOMENAXE". Turismo.gal. Xunta de Galicia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- IES FRANCISCO DAVIÑA REYa 138 mMonforte E.A.-Canedo · Monforte E.A.-Canedo · Quiroga-Hospital Monforte de Lemos · Quiroga-Hospital Monforte de Lemos
- IES RÍO CABEa 339 mIES Río Cabe-Chavaga · IES Río Cabe-Chavaga · IES Río Cabe-A Vide · IES Río Cabe-Distriz · CEIP A Gándara-San Mamede · IES Río Cabe-Guntín
- MONFORTE E.A.a 361 mMonforte E.A.-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Hospital Monforte de Lemos · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Monforte E.A.-Hospital HULA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Mosteiro de San Vicente do PinoMosteiro
- Colexio da Nosa Señora da AntigaMuseo
- Museo do Ferrocarril de GaliciaMuseo
- Campo da CompañíaPraza e alameda
- Ponte Vella de Monforte de LemosPonte histórica
- Estadio da PinguelaEstadio
- Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte de LemosMuseo
- Estadio municipal Luís BodegasEstadio