Praza e alameda

Campo da Leña

A Coruña

Campo da Leña, praza e alameda en A Coruña

Foto: Walter McKenzie · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.

Historia

O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular. O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían. Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño. No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”. Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero inaugurado en 1986 e que foi recolocado en 2011. A construción na década de 1940 dun edificio dividiu o campo en dúas partes, bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010. En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”. En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”. A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.

Entroido

O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña. Como homenaxe a esta festa e ao San Xoán, en 2021 colocouse na zona a escultura "Sardiña", de Miguel Couto.

Arquitectura

Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864. Entre os edificios catalogados no campo da Leña están: Nº 10 da praza de España, edificio de Eduardo Rodríguez-Losada (1910). Nº 11 da praza de España, edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1895). No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque, con fachada na rúa do Hospital.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praza

O chan Lastras

Tamén chamado Campo da Leña

Altitude do punto ≈ 34 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 253 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 242 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Para ir

Iluminado Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar