Fosa común
Campo de concentración de Camposancos
Camposancos · A Guarda · Pontevedra
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O campo de concentración de Camposancos foi un dos campos de concentración do Franquismo, e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do Exército Popular da República. Situado na parroquia de Camposancos (A Guarda), estivo activo entre 1938 e 1941.
Historia
O edificio, que tempo atrás fora un colexio xesuíta e posteriormente unha das primeiras universidades desa mesma compañía, foi reconvertido en prisión polo bando sublevado na Guerra Civil xa en xullo de 1936. Nestes primeiros meses de conflito producíronse un número indeterminado de execucións extraxudiciais de detidos. Existe constancia documental do seu uso uso como campo de concentración en outubro de 1937, e en novembro de 1939 volveu a pasar a depender da Dirección Xeral de Prisións. Chegou a albergar a máis de 2000 presos. O 28 de outubro de 1937, tal e como deixou constancia por escrito o alcalde e arquiveiro de Baiona, fondeou nesta localidade galega o vapor Arichachu con 3.167 homes, 140 mulleres e algúns nenos capturados en Asturias, que foron conducidos en camións a Camposancos. Neste recinto de concentración, coñecido en Galicia como «a porta do inferno», faleceron polo menos 74 reclusos por golpes ou enfermidades provocadas polo pouco espazo e a falta de hixiene e atención médica.Tamén alí tiveron lugar consellos de guerra sumarísimos, tendo documentado o investigador Marcelino Laruelo, 31 deles. A duración media era dunha hora, pero ao ser xuízos colectivos o tempo dedicado a cada acusado era de apenas cinco minutos. O tribunal comezou a actuar o 4 de xuño de 1938, celebrando tres consellos de guerra nos que se xulgou a vinte homes en cada un deles. Durante todo ese período ditáronse 222 penas de morte (executándose 156), 143 cadeas perpetuas, 118 condenas a 20 anos de reclusión, 51 a 5 anos e 9 a 12 anos.
Outros artigos
Colexio dos xesuítas de Camposancos
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Centro penal · Campo de concentración
Altitude do punto ≈ 29 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Guarda, a 2,3 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 75 m
No concello viven 9.994 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Pasaxea 181 mA GUARDA-EMPALME CAMPOSANCOS-O PASAXE-CAMPOSANCOS
- A Pasaxea 191 mA GUARDA-EMPALME CAMPOSANCOS-O PASAXE-CAMPOSANCOS
- Camposancosa 382 mCamposancos-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Camposancos-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I.-Hospital Álvaro Cunqueiro · A GUARDA-EMPALME CAMPOSANCOS-O PASAXE-CAMPOSANCOS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.