Capela e ermida

Ermida de Santa Trega da Guarda

A Guarda · Pontevedra

Ermida de Santa Trega da Guarda, capela e ermida en A Guarda

Foto: José Luis Filpo Cabana · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A ermida de Santa Trega é un templo medieval do século XII situado no monte de Santa Trega, no concello pontevedrés da Guarda. A ermida atópase dentro dun recinto amurallado, no que tamén se atopan varias vivendas e unha lápida con inscricións de cantaría na honra dos poboadores ou povoeiros de Póvoa de Varzim. Tamén existe un cruceiro fronte á fachada da igrexa coa figura de San Francisco.

Historia

Malia a estar datada sobre o século XII, a ermida de Santa Trega sufriu reformas posteriores nos séculos XVI, XVII e XX. Crese que probablemente a escritora, monxa e predicadora Exeria induciu o culto á santa após das súas viaxes a Oriente Medio, considerado daquela Terra Santa. Cada 23 de setembro, día de Santa Trega na onomástica cristiá, celébrase unha procesión no templo.

Outros artigos

Festa do Monte Monte de Santa Trega Castro de Santa Trega

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Trega de Iconio

Uso actual Capela

Altitude do punto ≈ 302 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Guarda, a 1,4 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 792 m

No concello viven 9.994 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar