Capela e ermida
Capela de San Caetano de Goiáns
O Porto do Son · A Coruña
A capela de San Caetano de Goiáns é unha estrutura relixiosa, dedicada a Caetano de Thiene situada en Goiáns (O Porto do Son). == Arquitectura == Creado entre os séculos XVII e XVIII, o edificio, de arquitectura barroca e estilo popular galego, componse dunha nave única rectangular cunha dependencia no seu sueste. A entrada do edificio atópase ó oeste da estrutura, e está cuberta, acaroada de dous bancos, un a cada lado da porta, e un taboleiro de anuncios enriba do banco esquerdo. Enriba da cuberta vese unha fiestra, accedida polo segundo piso e polo cal se fai soar a única campá do edificio. Esta atópase colgada dun campanario rematado por unha cruz. No outro extremo do tellado, ó leste da estrutura, atópase outra cruz rematándoo tamén. A dependencia, composta por un único cuarto, conta cunha extensión do tellado que reduce a súa altura e unha fiestra opaca. O edificio atópase rodeado dun pequeno tramo de herba, seguido dun muro de pedra de pouca altura. No interior da esquina noroeste do muro, este ten un foco, e o muro ten ademais tres accidentes: dúas entradas, unha que leva á porta e outra que leva á parte traseira da estrutura, e unhas escaleiras integradas no muro no seu tramo sur. Neste mesmo tramo, preto da esquina sueste do mesmo, hai un cruceiro branco. A estrutura atópase nun outeiro. A carón do edificio, no seu sur, atópase un escenario de cemento, posto nunha elevación que o muro detén. Fronte ó edificio atópase unha explanada con catro árbores pequenos rodeados por pedra branca, que anteriormente eran catro eucaliptos enormes con bancos de pedra incrustados neles. Adicionalmente, atópase unha estatua na bifurcación do camiño que leva á explanada e o que leva á cara posterior do edificio. A 118 metros ó nordeste da estrutura, atópase unha fonte tamén dedicada ó santo a carón do rego Sandión. == Celebracións e eventos == O 7 de agosto, día de san Caetano, comezan tres días de festa con misas, procesións, e comidas, entretementos e concertos.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Eiravedraa 220 mRibeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I.
- O Pozoa 565 mRibeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I.
- Portosína 1.1 kmRibeira E.A.-Noia E.A. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.