Capela e ermida

Capela de Santa Marta do Burgo

Baíña · Baiona · Pontevedra

Capela de Santa Marta do Burgo, capela e ermida en Baiona

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A ermida de Nosa Señora da Asunción do Burgo, máis coñecida dende o século XVIII como capela de Santa Marta do Burgo, é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.

Arquitectura

Conserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII[Cómpre referencia] e comezos do XIII. É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII. Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.

Santa Marta

Santa Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Marta de Betania

Tamén chamado Ermida de Nosa Señora da Asunción do Burgo

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Loureiral, a 687 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 244 m

No concello viven 12.366 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar