Pazo
Casa da Braña
Carballedo · Cerdedo Cotobade · Pontevedra
Foto: Adrián Estévez (gl:User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A casa da Braña é unha casa grande situada no lugar da Braña, na parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Características
Construíuna cara a 1730 Gregorio Senra, párroco de Carballedo e arcipreste de Cotobade, como residencia propia e soar dunha capelanía. En 1856 vendeullo ao veterinario de San Xusto, Francisco Javier Garrido Cerviño, posiblemente no marco da desamortización de Mendizábal. En 1885 mercouno o maxistrado José María Vidal González, pasou ao seu descendente o avogado José García Vidal e logo á súa filla, que en 1954 casou co médico ourensán Antonio Fernández Barja. A construción ten planta rectangular con baixo e piso. En cada fachada hai unha longa solaina con balaustrada de pedra e piares que sosteñen o teito, ás que se accede por medio de patíns. Baixo a solaina fórmase un soportal alintelado sostido por piares. Na esquina sueste hai un reloxo de sol. A casa sitúase nunha terra lindante co río Almofrei e co rego de Chan das Latas. A propiedade rústica ten un hórreo e unha corte, así como diversas froiteiras (maceiras, abeleiras) e outras árbores. Tamén conta cun cruceiro e unha piscina. O recinto está pechado por balaustrada de pedra nalgúns tramos.
Galería de imaxes
Outros artigos
Pazos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 371 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ponte Caldelas, a 9,4 km
Chegar en bus
- Carballedo (A Chan)a 76 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Carballedo (A Chan)a 84 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Loureiro (Ponte)a 872 mAguasantas-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Observatorio astronómico de CotobadeObservatorio astronómico
Festa do requeixo da CorredoiraFesta gastronómica
Igrexa de San Martiño de RebordeloIgrexa
Festa da filloa de ValongoFesta gastronómica
Laxe das CoutadasPetróglifo
Foxo das BrañeirasFoxo do lobo
Foxo do lobo da CorredoiraFoxo do lobo
Ponte do Pozo NegroPonte histórica