Festa gastronómica
Festa da filloa de Valongo
Aguasantas · Cerdedo Cotobade · Pontevedra · 1979

Foto: Anxo (xelo2004) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.
Características
A festa comeza o venres cunha churrascada. O sábado ten lugar o concurso degustación, con filloas preparadas en tixola ou á pedra. Os doces, elaborados con fariña, leite, ovos e sal, adoitan ir recheos de produtos como chocolate fundido, mel, crema pasteleira, marmelada ou nata. A celebración comezou en 1979 da man de Amadeo Redondo Fraguas xunto con Jesús Moldes Monroy e Manuel Caramés Fernández, e posteriormente potenciada por amigos seus entre os que destaca Manuel Antas Fraga, un veciño da parroquia emigrado a Salvador de Bahia (Brasil). A festa acompáñase de actos relixiosos e dunha verbena, na que actuaron orquestras como a Sintonía, ou Los Satélites e artistas como Georgie Dann, Conchita Bautista ou Fuxan os Ventos.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 435 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ponte Caldelas, a 6,3 km
Chegar en bus
- Valongo (O Quinteiro marquesiña)a 176 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Valongo (O Quinteiro marquesiña)a 188 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Valongo (Paciño-A Casanova)a 512 mAguasantas-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

