Casa da cultura

Casa da Cultura Salvador de Madariaga

A Coruña

Casa da Cultura Salvador de Madariaga

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga é unha sala de exposicións e centro cultural da cidade da Coruña. Situada en pleno centro da cidade é sede do Arquivo Municipal, o Servizo Municipal de Educación, unha Biblioteca Municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A xestión correspóndelle ao Palacio de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso. No edificio atópanse ademais a sede do CGAI e da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Descrición

O edificio ten un baixo e catro plantas cun patio central cuberto por unha cristaleira. As catro plantas están articuladas a partir deste patio central cunha escaleira que se divide en dous corpos e leva ás outras plantas.

Historia

O edificio foi deseñado en 1925 polo arquitecto Miguel Durán Salgado como Delegación Provincial de Facenda, polo que está inspirado na sede do Ministerio de Facenda de Madrid, de Francesco Sabatini. Durán era fillo de Juan Jacobo Durán Loriga, matemático que dá nome á rúa onde se atopa. En 1978 instalouse no edificio o arquivo municipal.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar