Museo
Casa das Artes
Vigo · Pontevedra · 1990
Foto: Davisukez · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Casa das Artes é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén é a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da colección Luís Torras. Constitúe o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais.
Historia
A actual localización do museo ocupa o espazo do antigo Ministerio de Economía e Facenda, na rúa Policarpo Sanz, 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do Banco de España en Vigo dende 1939 ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia. O proxecto, asinado por Romualdo de Madariaga en setembro do 1938, e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do 18 de xullo do 1936. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal sinal de identidade, co que rompe a esquina das rúas Rúa Reconquista e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de Policarpo Sanz, dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que se abren pola rúa Reconquista. A Casa das Artes, de senlleira arquitectura, é dende 1990 a sede principal da programación cultural da área de Cultura do concello de Vigo. Cada ano, expóñense nas súas salas mostras de pintura, escultura, fotografía, e tamén de carácter científico e divulgativo, histórico, etnográfico e social. Destaca a exposición sobre Tamara de Lempicka que, por primeira vez en España, puido ser visitada nas salas deste centro, e que foi exposta no ano 2007.
O inmoble
Na planta baixa do centro atópase o arquivo fotográfico Pacheco, colección composta por 140.000 fotografías de Vigo feitas por Jaime de Sousa Guedes Pacheco e os seus fillos Jaime e Alberto dende o ano 1900 ata 1970. No segundo andar, exponse a Colección Torras formada por 50 cadros doados e 17 cedidos en réxime de depósito, polo artista vigués Luís Torras. No terceiro andar atópase a Fundación Laxeiro, onde se pode atopar a colección do pintor lalinense Xosé Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro, un dos máis importantes expoñentes das vangardas históricas galegas. Ademais realízanse exposicións temporais de artistas contemporáneos.
Outros artigos
Premio Laxeiro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Andares 4
Inaugurado 1939
Tamén chamado Casa de las Artes
Altitude do punto ≈ 32 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vigo, a 149 m
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,4 km
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Para ir
Horario Mo-Fr 18:00-21:00 · Tu,Th 11:00-14:00 · Sa 12:00-14:00,18:00-21:00 · Su,PH 12:00-14:00 ·
Entrada De balde
Teléfono +34 986 439 525;+34 986 438 446
Enderezo Policarpo Sainz, 15 3º
Chegar en bus
- Colóna 203 mSan Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Praza Porta do Sola 209 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 211 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.