Casa museo

Casa Museo Casares Quiroga

A Coruña · 2007

Casa Museo Casares Quiroga, casa museo en A Coruña

Foto: Ajuanta · CC0 · Wikimedia Commons ↗

A Casa Museo de Casares Quiroga é unha casa museo situada na antiga residencia de Santiago Casares Quiroga na cidade da Coruña. A casa museo do que fora presidente da II República Española do 13 de maio ao 19 de xullo de 1936 ten catro andares con exposicións e reproducións das estancias da casa, incluído o xardín. O baixo da casa está adicado a sala de exposicións temporais.

Historia

O edificio da casa museo foi propiedade de José Cervigón. O novo propietario, Santiago Casares Paz encargou a reconstrución a Faustino Domínguez Coumes-Gay en 1886. En 1929 engadiuse unha bufarda deseñada por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón con vista ao xardín exterior. A casa dos Casares foi espoliada nos días posteriores ao golpe fascista de 1936. Dos dez mil libros da súa biblioteca uns foron queimados, outros roubados, e outros conducidos ao Pazo de Xustiza.

Galería de imaxes

Outros artigos

María Casares

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Leva o nome de Santiago Casares Quiroga

Altitude do punto ≈ 34 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 281 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 224 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar