Castelo

Castelo da Ferrería

Fonteo · Baleira · Lugo

Castelo da Ferrería, castelo en Baleira

Foto: Loisteixeiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castelo da Ferrería é unha construción fortificada situada en Fonteo (Baleira). Consérvase en ruínas.

Situación

Sitúase no pico dun outeiro a uns 650 m de altidude, ao leste da aldea do Real de San Paio, a carón do río Eo e o rego do Castelo.

Historia

Aparece sinalado nos documentos do mosteiro de Pena Maior para delimitar as xurisdicións de Fonteo e Cubilledo. No libro do cobrador do partido de Fonteo do citado mosteiro, século XVIII, cando demarcan o límite da xurisdición de Fonteo, o castelo da Ferrería está entre o marco de Val Escuro e o río do Real. O tombo II do mosteiro fai referencia a un foro dos montes e ferrería de San Paio a Rodrigo Álvarez de Valonga no século XVII.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castelo da Ferrería · Pena das Verzas

No catálogo GA27004025

Altitude do punto ≈ 627 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Fonsagrada, a 15,1 km

No concello viven 1.096 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar