Xacemento arqueolóxico

Mazo da Marronda

Martín · Baleira · Lugo

Mazo da Marronda, xacemento arqueolóxico en Baleira

Foto: Loisteixeiro · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O mazo da Marronda foi unha construción industrial siderúrxica situada na parroquia de Martín (Baleira).

Características

O mazo estaba operativo nunha edificación que se conserva en ruínas. Era propiedade en diferentes participacións dos ferreiros do lugar do Real. Localízase ao sur da aldea río arriba, no monte da Marronda. O carbón necesario para traballar o ferro procedía da fraga circundante. Hai documentos do 1792 que indican xa o funcionamento desta industria do ferro.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Industrial

Altitude do punto ≈ 538 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Meira, a 12,1 km

No concello viven 1.096 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar