Castelo

Castelo da Frouxeira

Santa Cilla do Valadouro · Foz · Lugo

Castelo da Frouxeira, castelo en Foz

Foto: by DarkMoMo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O castelo da Frouxeira ou Frouseira foi unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. As súas ruínas están declaradas Ben de Interese Cultural.

Historia

A fortaleza da Frouxeira pertenceu á mitra mindoniense e probablemente foi un dos bens que Pardo de Cela recibiu como dote de voda ao casar con Isabel de Castro, sobriña do bispo Henrique de Castro, e filla do conde de Lemos. Na Frouxeira, desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pero Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco. A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de a conquistaren e derrotar a Pardo de Cela, polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar. Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro: Estes dous feitos, a defensa e a traizón, aniñaron e mancaron no corazón do pobo e deron pé a que poetas, bardos e rapsodos os fosen cantando e recitando por feiras e mercados. Sábese tamén que nada máis ser degolado o Mariscal, escribiuse un "cantar", ou chamado tamén "pranto" da Frouxeira, en que xa se mitifica a punta rochosa debido a esa loita rexa que fixeron nela o Mariscal e os seus criados: Onde a Frouxeira pasa a ser "admirada, estrela clara e señora do gran tesouro" por todos. E a seguir, o cantar recolle a traizón: Isto é, xa entón se deron conta os poetas que a pesar de ser destruída e derrubada "jamais se veo vencida"; a Frouxeira dende entón pasou a ser un símbolo. Ademais dos romances Lamento da Frouseira (ou Pranto) dos Séculos Escuros, o asedio do castelo tamén forma parte da trama d'O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castelo Castelos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Estado En ruínas

Tamén chamado Castelo da Frouxeira

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 394 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Foz, a 8,8 km

No concello viven 10.415 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar