Castelo
Castelo do Castrodouro
O Castrodouro · Alfoz do Castrodouro · Lugo
Foto: Xoán Carlos Fraga at the Galician language Wikipedia · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O castelo do Castro de Ouro é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia do Castrodouro, no concello de Alfoz do Castrodouro e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.
Historia
Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis. Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa[Cómpre referencia] que: Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Actividades
No verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela. O Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista.[Cómpre referencia]
Outros artigos
Castelos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Medieval
Que é Fortificación defensiva
Paredes Pedra
Tamén chamado Castelo de Pardo de Cela
Protección Ben de Interese Cultural
No catálogo RI-51-0008872
Altitude do punto ≈ 91 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ferreira, a 3,6 km
No concello viven 1.493 (2025) · IGE
Chegar en bus
- O Castro de Ouroa 325 mFerreira (praza de Santa María)-O Castro de Ouro · Ferreira (praza de Santa María)-O Castro de Ouro · Ferreira (casa da cultura)-As Pontellas II
- O Castro de Ouroa 471 mFerreira (casa da cultura)-As Pontellas II
- A SEARAa 487 mAdelán-IES de Foz · Adelán-IES de Foz
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
