Castelo
Castelo de Araúxo
Araúxo · Lobios · Ourense · 536 m
Aínda non hai foto de Castelo de Araúxo
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|41.90604|-8.06074}}
O castelo de Araúxo foi unha fortaleza situada nas inmediacións da aldea da Vila, na parroquia de San Martiño de Araúxo, municipio de Lobios. Estaba situado nun alto a 536 metros sobre o nivel do mar, enriba dun rochedo, aproveitando a orografía para erguer os muros e a torre do homenaxe, no centro dunha vasta extensión de terreo sucado por varios ríos, ao norte, o río Salas, ao oeste o río Limia, ao suroeste o río Cabaleiro. Dende aquí vense as serras do Xurés e Santa Eufemia en Lobios, dos montes do Quinxo e a Montaña en Entrimo, boa parte destes dous concellos e dos de Lobeira, Muíños e Bande. Estaba vencellado ao castelo de Lindoso, que tamén pertencía á familia dos Araúxo. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público, fixéronse escavacións arqueolóxicas no ano 1991, dentro do proxecto O encoro de Lindoso e o seu entorno (Lobios, Ourense), polos arqueólogos Manuel Xusto Rodríguez e Celso Rodríguez Cao. Actualmente, só é visible o foxo escavado na rocha e pequenos anacos de muros.
Historia
O castelo de Araúxo construíuse no século XII. O rei Afonso II entregoullo ao bispo de Ourense. Comezou sendo unha fortificación da familia dos Araúxo. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa tomárono as tropas portuguesas ás ordes do xeneral Gastão Coutinho. En setembro de 1641 entraron pola Portela do Home e tomaro este castelo e diferentes vilas. Destruíuse no ano 1704 durante a guerra de sucesión. Este castelo tivo moita importancia nas guerras constantes con Portugal polo dominio destas terras.
Estudo arqueolóxico
Do estudo arqueolóxico feito por Manuel Xusto Rodríguez a comezo da década de 1990, aparece parte dun guerreiro con cota de malla, dúas placas, un axóuxere, e varias puntas de dardo e unha de frecha, datados entre os anos 1301 e 1500. Todo este material está depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Medieval
Que é Recinto fortificado
Altitude 536 m
Vila máis próxima Fondevila, a 2 km
Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 1,9 km
No concello viven 1.777 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A VILAa 628 mCEIP do Xurés-A Cela · CEIP do Xurés-A Cela
- Suigrexaa 698 mLobios (centro saúde)-Silvares · Lobios (centro saúde)-Silvares
- REVOLTAa 933 mCEIP do Xurés-A Cela · CEIP do Xurés-A Cela
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Museo Numismático de LobiosMuseoBaixa Limia-Serra do XurésEspazo protexido
Biblioteca Pública Municipal de LobiosBiblioteca
Igrexa de San Miguel de LobiosIgrexa
Igrexa de San Salvador de TornoIgrexa
Igrexa de San Pedro de Parada de VentosaIgrexa
Capela de San Xoán de XendiveCapela e ermida- Igrexa de San Martiño de AraúxoIgrexa