Museo
Museo Numismático de Lobios
Lobios · Ourense · 424 m · 1996
Foto: La fabrica de nubes · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Museo Numismático situado no concello ourensán de Lobios é unha exposición permanente de moedas de Galicia impulsada polo numismático natural desa vila Jaime Paz Bernardo, que se inaugurou en 1996. A sede do museo está no edificio do propio Concello e o seu horario de visita é de luns a venres, de 9 a 14 horas.
Historia
A idea da creación dun museo especializado en moedas de Galicia xurdiulle en 1993 a Jaime Paz Bernardo, numismático profesional orixinario de Quintela, e daquela residente en Cataluña. Paz centrábase nese tipo de moedas, non só como coleccionista senón tamén como comerciante, no seu establecemento comercial en Barcelona. Co apoio inicial do entón alcalde Antonio Ferreira López, continuado polo seu sucesor Benito Vázquez Vázquez, o 30 de xullo de 1996 produciuse a inauguración do museo, da man do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. No mesmo ano da súa inauguración, o museo recibiu o premio Excelente ao Mérito Numismático 1996, outorgado pola Asociación Numismática Española. Nos últimos anos, as desavinzas entre a familia do desaparecido fundador (representada polo seu fillo, do mesmo nome) e o Concello dirixido por María del Carmen Yáñez, baseadas no posible incumprimento do contrato de cesión e nas deficiencias no mantemento das pezas, fixeron que se chegase a considerar a posibilidade de trasladar a colección a outra localidade.
Fondos
O Museo Numismático de Lobios alberga unha colección cronoloxicamente ordenada de moedas cuñadas, usadas ou relacionadas con Galicia, desde a Antigüidade ata a Idade Moderna, disposta en paneis e acompañadas de fichas didácticas na que se describen e se contextualizan as pezas. É de salientar a presenza dun exemplar do ás de Octavio Augusto cuñado en Lucus Augusti cara ao 25 a. de C., no contexto das Guerras Cántabras, considerada como a primeira moeda cuñada en Galicia. De época medieval destacan pezas como un diñeiro de billón cuñado en Santiago de Compostela por Afonso IX de León, ou catro marabedís da Real Casa da Moeda da Coruña a nome dos Reis Católicos. É de sinalar, así mesmo, a importante representación de moedas da Real Casa de Moeda de Xuvia, xa do século XIX.
Outros artigos
Lista de museos numismáticos Museos de Galicia Jaime Paz Bernardo Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Fundado por Jaime Paz Bernardo
Altitude 424 m
Vila máis próxima Fondevila, a 199 m
Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 93 m
No concello viven 1.777 (2025) · IGE
Chegar en bus
- LOBIOS (MARQUESIÑA)a 33 mENTRIMO-BANDE · Entrimo-Bande · Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · Lobios (centro saúde)-Silvares · Lobios (centro saúde)-Silvares
- Lobios (Garda Civil)a 208 mLobios (centro saúde)-Silvares · Lobios (centro saúde)-Silvares · CEIP do Xurés-A Cela · CEIP do Xurés-A Cela · Lobios (centro saúde)-Silvares · Lobios (centro saúde)-Silvares
- LOBIOS (ESTRADA)a 239 mENTRIMO-BANDE · Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · Bande-Entrimo (pola Herdadiña)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Baixa Limia-Serra do XurésEspazo protexido
- Castelo de AraúxoCastelo
Aldea somerxida de AceredoRuínas
Pombal da reitoral de Santa María de Río CaldoPombal
Biblioteca Pública Municipal de EntrimoBiblioteca
Biblioteca Pública Municipal de LobiosBiblioteca
Igrexa de San Miguel de LobiosIgrexa
Igrexa de Santa María de Río CaldoIgrexa