Castelo
Castelo de Naraío
Naraío · San Sadurniño · A Coruña
Foto: Ird ge · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
O Castelo de Naraío é un castelo medieval situado ao pé do río Castro, na parroquia de Santa María de Naraío (San Sadurniño). Tralo seu abandono no século XVII foise irmandando co hábitat que o rodea, chegando aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pé do río Castro, afluente do río Grande de Xuvia. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
Historia
Pertenceu esta fortaleza a Gonzalo Piñeiro, nobre galego que tomou partido por Pedro I O Cruel na guerra civil que o enfrontou con Henrique II de Trastámara. Vencido o seu señor as hostes do Trastámara perseguiron aos Piñeiro ata derrotar ao último deles en Anca. Henrique concedeulle as terras e o castelo aos Andrade en pago a súa axuda durante a contenda. Segundo Comerma y Batalla o castelo tornou aos seus antigos propietarios no ano 1527. O castelo foi abandonado no século XVII e o seu estudo comeza coa publicación a principios do século XX dun libriño sobre tres castelos próximos a Ferrol no que presentaba un plano do castelo cos seus sotos, libro este obra do enxeñeiro catalán residente en Ferrol Andrés Avelino Comerma y Batalla. A principios do ano 2007 un equipo dirixido polo arqueólogo lugués Anxo Felpeto iniciou un proxecto de investigación e rehabilitación do castelo.
Descrición
Unha escalinata de pedra e madeira permite o ascenso ata o que se conserva da fortificación a torre da homenaxe e os muros do patio de armas. A entrada principal é unha porta alintelada onde se situaba o anciño e a porta levadiza. Conserva outras portas unhas de arcos de medio punto e outras con arcos escarzanos. A torre da homenaxe estrutúrase en catro plantas co teito abovedado. A porta de acceso sitúase nove metros máis alta que a porta principal. Outra pequena porta ábrese na planta inferior. No seu lado sur ábrese unha pequena ventá xeminada co parteluz soportando dous arcos de medio punto. Unha última abertura se pode apreciar na torre, trátase dunha latrina apoiada en canzorros. O Castelo é propiedade da Casa de Alba que o cedeu por 30 anos á Xunta de Galicia.
Outros artigos
Castelo.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Monumento
Estado En ruínas
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 153 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Fene, a 8,7 km
No concello viven 2.739 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A FRAGUELAa 754 mCPI de San Sadurniño-A Freguela
- PIÑEIROa 1,1 kmCPI de San Sadurniño-A Freguela
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Convento do Rosario de San SadurniñoConvento
Igrexa de Santa María do Rosario de San SadurniñoIgrexa
Ponte da FerreríaPonte histórica
Igrexa nova de San Lourenzo de DosoIgrexa
Igrexa de San Boulo de CaaveiroIgrexaIgrexa de San Pedro de AncaIgrexa
Igrexa de San Paio de FerreiraIgrexaIgrexa de Santa María de IgrexafeitaIgrexa