Igrexa
Igrexa de Santa María do Rosario de San Sadurniño
San Sadurniño · A Coruña
A Igrexa de Santa María do Rosario é un templo do século XVIII, actual igrexa parroquial de San Sadurniño. Fisicamente áchase unida ás dependencias da Casa do concello, antigo Convento do Rosario, ao que pertenceu ata 1835.
Historia
Edificouse sobre un templo medieval anterior que xa fora reformado por Fernando de Andrade en 1508. Da construción orixinal só conserva a ábsida con bóveda nervada, e o arco de acceso ao presbiterio sobre columnas con capiteis ornamentados con temática diversa. A planta dunha soa nave, é de cruz latina. No interior están os sepulcros con estatuas xacentes dos dous primeiros señores de San Sadurniño, Fernando de Andrade e Xoán Freire de Andrade, así como o da muller do primeiro, Inés de Castro. Na fachada destacan os pináculos laterais rematados en bólas, e a ornamentación barroca en placas coroada polo campanario con cúpula. No adro hai un cruceiro con ornamentación vexetal.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- San Sadurniñoa 64 mFerrol E.A.-Moeche-San Romón-As Pontes · FERROL E.A.-MOECHE-SAN ROMÓN-AS PONTES · Coruña E.A. - Ferrol E.A. - Viveiro E.A. · SAN SADURNIÑO-O CASAL · San Sadurniño-Pallota · San Sadurniño-O Casal
- San Sadurniñoa 73 mFerrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela)
- CPI DE SAN SADURNIÑOa 136 mCPI de San Sadurniño-Bostelo · CPI de San Sadurniño-Cantalarrana · CPI de San Sadurniño-Cruce Felgosa · CPI de San Sadurniño-A Freguela · SAN SADURNIÑO-PALLOTA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.