Castelo
Castelo do Carbedo
Esperante · Folgoso do Courel · Lugo · 930 m
Foto: Redy · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel). Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores. Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago.
Escavacións
As últimas exploracións arqueolóxicas feitas no castelo datan de 1977 e 1979. O traballo foi realizado por un equipo coordinado por José María Luzón Nogué e Francisco Javier Sánchez-Palencia. Os resultados publicáronse en 1980 nun libro titulado El Caurel e editado polo Ministerio de Cultura, dentro da colección:Excavaciones arqueológicas en España.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Recinto fortificado
Estado En ruínas
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude 930 m
Vila máis próxima Quiroga, a 21,2 km
No concello viven 924 (2025) · IGE


