Cova
Sima de Aradelas
Esperante · Folgoso do Courel · Lugo
Aínda non hai foto de Sima de Aradelas
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.63899|-7.10965}}
A sima de Aradelas é unha cova natural situada na parroquia de Esperante, no concello de Folgoso do Courel. É a cova máis profunda de Galicia, e a súa parte máis profunda atópase asolagada por augas subterráneas formando unha lagoa. Desta sima tomou o seu nome o club espeleolóxico vigués Espeleo Club Aradelas.
Historia
A cova é coñecida dende tempo inmemorial polos veciños pero non foi explorada cientificamente ata 1972 nos que se chegou ata os primeiros 120 m da cavidade. Máis tarde, en sucesivas campañas atopáronse novos pozos e galerías, e en 1991, a chamada Sala Monforte. Unha nova exploración no ano 2024 descubriuse unha nova entrada (denominada Cova Emilio), así como 2,2 km de galerías adicionais, así como a lagoa que ocupa o fondo da sima á que chamaron Hydra.
Xeoloxía
Aradelas insírese no complexo xeolóxico do Courel. Nesta cova atópanse numerosos elementos ou espeleotemas como estalactitas, estalagmitas ou gours.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 1.189 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Quiroga, a 22,4 km
No concello viven 924 (2025) · IGE


