Castelo

Castelo do Casón

Veiga · Ortigueira · A Coruña

Castelo do Casón, castelo en Ortigueira

Foto: Céltigos · GFDL · Wikimedia Commons ↗

O Castelo do Casón é unha estrutura con restos de muralla e foxos situada en Veiga (Ortigueira).

Descrición

Sitúase no alto do Castelo do Casón (291 m), nun brazo da Serra da Capelada, flanqueado polos regos de Casón e de Landoi e que domina a vista sobre a ría de Ortigueira. De carácter defensivo e de vixilancia, xa foi estudado por Federico Maciñeira. Ao parecer os restos atopados apuntan aos dunha fortaleza medieval, quizais construída á súa vez sobre os restos dun antigo poboado castrexo. Dende el obsérvase toda a ría de Ortigueira.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 267 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ortigueira, a 5,1 km

No concello viven 5.424 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar