Castelo

Castelo dos Novais

Sequeiros · Quiroga · Lugo

Castelo dos Novais, castelo en Quiroga

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castelo dos Novais é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sequeiros (Quiroga).

Descrición

A súa construción iniciouse cara ao século X, aproveitando posiblemente unha fortificación anterior. O castelo aproveita as ladeiras empinadas do monte do Castelo, rodeado dos vales do río do Castelo das Eiras e do río Sil, a carón da estrada N-120. Na parte exterior conserva os muros, foxos e defensas. No interior mantén a torre da homenaxe, a parte máis antiga do conxunto. Ten planta cadrada, cunha porta con bóveda de medio punto cara ao sur. Esta porta é de pedra cabaleira, dunha cor loura intensa por mor do alto nivel de oxidación do ferro que contén. O pazo, do século XI, é de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoán de Malta. Na entrada, tamén de arco de medio punto, hai unha Cruz de Malta gravada. Ten tamén unha ventá aximezada.

Outros artigos

Castelos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Fortificación defensiva

Tamén chamado Castelo dos Novaes · Castelo de Sequeiros

Altitude do punto ≈ 294 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Quiroga, a 3 km

Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 51 m

No concello viven 3.035 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar