Castro

Castro de Penadominga

Bendollo · Quiroga · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Penadominga

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.45721|-7.20544}}

O castro de Penadominga é un castro situado en Bendollo, Quiroga, datado nos séculos IV e V.

Asentamento

Consiste nun antigo asentamento que conta cun sistema defensivo formado por catro foxos. O outeiro onde se atopa sufriu unha importante alteración cando se erixiron as estruturas, o terreo foi escavado, aterrazado e reenchido con terra e cascallos. Estas terrazas, situadas a diferentes alturas, estaban conectadas por ramplas, semellantes ás do castro de Vilamor, situado no concello de Folgoso do Courel.

Obxectos

O tesouro de Penadominga: as fibelas de cinto metálicas, moedas e fragmentos de cerámica, que se conservan no Museo Provincial de Lugo dende a década de 1950 e que supostamente proceden deste xacemento. Non obstante, os arqueólogos sinalan que para confirmar esta procedencia, sería necesario escavar o castro de Penadominga e atopar outros materiais similares aos do museo de Lugo.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 359 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Quiroga, a 5,6 km

Ruta que pasa preto Camiño do Ferradal, a 201 m

No concello viven 3.035 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar