Castro
Castro das Merelas
Fisteus · Curtis · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Castro das Merelas é un poboado castrexo de chaira fortificado situado na parroquia de Fisteus, no concello de Curtis.
Descrición
O castro está situado nunha pequena elevación do terreo ao pé dun terraplén natural. Ten unha orientación no eixe leste-oeste. A croa ten forma case circular duns 75 metros de diámetro. O antecastro está ao oeste, ten unhas medidas de 45 metros de leste a oeste e uns 60 m de norte a sur. O castro está moi alterado por traballos no agro e pola ampliación dun prado que corta a zona entre o castro e o antecastro. O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.
Galería de imaxes
Outros artigos
Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 515 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Curtis, a 4,2 km
No concello viven 4.233 (2025) · IGE
Chegar en bus
- AS MERELASa 661 mCURTIS-SILVARREDONDA
- AS MERELASa 701 mIES de Curtis-Castellana · IES de Curtis-Castellana · Curtis-Silvarredonda
- PISTA SESELLEa 1,1 kmIES de Curtis-Castellana · IES de Curtis-Castellana · Curtis-Silvarredonda · CURTIS-SILVARREDONDA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
