Castro
Castro da Roda de Dentro
Fisteus · Curtis · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Castro da Roda de Dentro, castro dos Godulfes ou Castro da Roda é un poboado castrexo situado preto dos Godulfes, en Fisteus, Curtis. Ten forma elíptica, cunha croa con eixos NS duns 35 m e OL duns 70 m e foxo. Está situado nunha pequena elevación do terreo. Ten un antecastro ao sur duns 70 m de diámetro aproveitando o desnivel do terreo. Esta zona é a mellor conservada. Non se aprecia cal sería o acceso orixinal. As defensas están cortadas por unha estrada (pista que vai de Gondulfes a Boilouro). Ao norte están destruídas as defensas para unir dous prados. A croa é un prado. Pode que tivese tres liñas defensivas cara ao SO.
Outros artigos
Cultura castrexa
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 546 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Curtis, a 3,3 km
No concello viven 4.233 (2025) · IGE
Chegar en bus
- AS MERELASa 911 mCURTIS-SILVARREDONDA
- AS MERELASa 999 mIES de Curtis-Castellana · IES de Curtis-Castellana · Curtis-Silvarredonda
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
