Castro
Castro das Rodas
Castro · Mesía · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro das Rodas
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.07167|-8.17972}}
O Couto das Rodas é un poboado castrexo situado no lugar de Fonte Fría na parroquia de Cumbraos (Mesía).
Morfoloxía
O castro consta de dous recintos. O primeiro é un antecastro, que conserva parte dos parapetos na zona meridional e no resto o achanzamento que ven definido polo terraplén. O segundo é a croa, a unha maior altura, que ten tamén parapetos na parte meridional, con pouca caída cara ao interior, e duns 3 metros cara ao antecastro. O primeiro parapeto está atravesado por un camiño que se bifurca nun ramal interior da croa e outro que primeiro o fai no eixo N-S nuns 45 m e logo no antecastro uns 20 metros .
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación
A titularidade está en mans privadas e a súa conservación depende de posibles construcións de pistas .
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 384 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Curtis, a 6,8 km
No concello viven 2.366 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CASTRALLÓNa 936 mCPI de Xanceda - Fontecanelo (por A Torre) · CPI de Xanceda - Fontecanelo (por A Torre)
- A VILA-RECEAa 1,2 kmCPI de Xanceda - Fontecanelo (por A Torre) · CPI de Xanceda - Fontecanelo (por A Torre)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.