Castro

Castro de Boado

Boado · Mesía · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Boado

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.04306|-8.19194}}

O Castro de Boado é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, na parroquia de Boado (Mesía).

Morfoloxía

O castro componse dun único recinto con bo dominio sobre do val do río Tambre. Na parte alta da pendende ten un parapeto, sendo o resto da parte de defensa o terraplén. A actual entrada é posiblemente a orixinaria. A entrada corta en parte o parapeto e desde esta apréciase a súa estrutura de base de terra asentados na base de bloque de cuarzo. O interior do recinto mide aproximadamente no eixo EW 70 metros e no eixo SE-NW 84 metros. O parapeto acada cara ao exterior unha altura de 5 metros.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Poboado

Tamén chamado Castro do Outeiro

Altitude do punto ≈ 358 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Arzúa, a 13 km

No concello viven 2.366 (2025) · IGE

Segundo IGN Topo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar