Castro
Castro de Alobre
Vilagarcía de Arousa · Pontevedra

O castro de Alobre é un xacemento arqueolóxico de gran relevancia histórica situado na localidade e concello de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Trátase dun asentamento e recinto fortificado que data da Idade do Ferro e, que ó longo dos séculos foi testemuña de múltiples transformacións socioculturais, tras o seu uso pola cultura castrexa reutilizárono posteriormente os romanos. É considerado un dos castros costeiros máis importantes da ría de Arousa. == Localización == O xacemento atópase en pleno núcleo urbano, a pouca distancia do parque botánico Valdés Bermejo e do Pazo de Vista Alegre (incluído no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia). É accesible con ramplas e escaleiras. Forma parte da ruta histórica, sendo o sétimo punto de visita, e intégrase dentro do percorrido polo Pazo de Vista Alegre, situado a escasa distancia. Preto da desembocadura do río Con e a escasa distancia do porto de Vilagarcía de Arousa. Asentado sobre un promontorio natural, na cima do Montiño e, noutro tempo, a carón da ría de Arousa, que domina a ría, o que lle outorgaba unha posición estratéxica defensiva e comercial. Debido á súa proximidade co mar e co porto, o lugar tamén mantén unha estreita relación coa industria marítima. Atópase recollido na folla número 152 do Mapa Xeográfico Nacional, en TR Pablo Picasso 2. A parcela na que se sitúa conta cunha superficie de 37.965 m² e localízase nas coordenadas 42º 35´ 35´´ de latitude norte e 5º 0´ 00´´ de lonxitude oeste. En coordenadas UTM sitúase en 518946X e 4715753Y, cunha altura máxima sobre o nivel do mar de 32,57 metros. Nas proximidades atópase un supermercado Mercadona, o que prexudicou considerablemente a paisaxe natural do outeiro e, obviamente, o aspecto orixinal da zona que rodea o castro. Dada a súa proximidade ao mar e ao porto, tamén está estreitamente ligado á industria marítima. == Descrición arqueolóxica == O castro de Alobre ocupa unha superficie aproximada de 1,5 hectáreas. Consérvanse restos de estruturas habitacionais de planta circular e rectangular, muros de cachotaría e niveis de ocupación superpostos. Consta de tres recintos con alturas diferenciadas e ben delimitadas pola presenza de estruturas defensivas que se adaptan á forma do promontorio granítico, o que dificultaba o acceso a este pequeno poboado. Existe un recinto superior, tamén denominado croa, de forma oval e disposto lixeiramente descentrado con respecto ao conxunto do lugar. No segundo recinto atópase unha terraza inferior cun desnivel de catro centímetros; ademais, esta terraza presenta anchuras diversas e esténdese de norte a sur. No sector oeste (que aínda conserva unha segunda terraza) obsérvase un desnivel semellante, aínda que neste caso non se prolonga cara ao norte, senón unicamente cara ao sur. No informe elaborado por Víctor Tomás Botella no ano 2002 recóllense as seguintes cifras correspondentes ás estruturas defensivas conservadas: Muralla do perímetro da croa: 110 metros. Muralla do primeiro recinto: 118 metros. Muralla do segundo recinto: 180 metros. Muralla da terraza sur: 55 metros. Lonxitude do foxo: 30 metros. == Estado de conservación == Na actualidade o castro consérvase parcialmente escavado e visible. Parte da área arqueolóxica foi integrada no espazo urbano, mais mantéñense zonas sinalizadas e protexidas. O concello de Vilagarcía realiza labores periódicas de mantemento e divulgación. Nos seus arredores localízase, a pouca distancia, un establecemento de Mercadona que afectou de maneira considerable a natureza do monte e, consecuentemente, o aspecto orixinal das inmediacións do castro. As restauracións foron múltiples debido ás diversas campañas realizadas; os materiais, en moitos casos, non son os orixinais, é dicir, os pavimentos son recreacións (na actualidade sepultados baixo unha capa de sedimento terroso e vexetación acumulada co paso do tempo). Obsérvanse concrecións e sedimentacións terrosas provocadas principalmente por factores ambientais e climáticos, como o vento, que transportou partículas e as depositou sobre as estruturas e pavimentos, deixando completamente sepultados os novos materiais engadidos durante as restauracións.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Alexandre Bóveda (sindicaa 315 mO Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-Cornazo · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Fontecarmoa-Renzá · Avda. A Mariña-Renza
- Porto comerciala 316 mAvda. A Mariña-Vilaxoán
- Colexio Nacionala 319 mO Carril (merendeiro)-Vilaxoán (Freixo) · O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Fontecarmoa-Renzá · Avda. A Mariña-Renza · Avda. A Mariña-Complexo de Fontecarmoa
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.